Faremos unha pequena viaxe por algunhas das cancións máis emblemáticas do grupo e convidamos a dúas propostas musicais actuais que mesturan tradición e modernidade, ás que ademais nos une unha especial relación: Faia e De Ninghures. Compartir palco con algunha das nosas fillas e fillos será un gran momento, ao igual que facelo neste novo espazo para a cultura da cidade de Lugo.Serán dúas noites únicas nas que cantaremos ás persoas que xa non están; homenaxearemos ás cantareiras, mulleres que gardaron e nos transmitiron tanta sabedoría popular; e tocaremos para reivindicar a nosa identidade como pobo, como sempre fixemos.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.