20:30 Comezo do concerto.
Presentación do disco/espectáculo "Anque me vou non me vou". Prezo das entradas: entre 6 e 13 €.
Entradas dispoñibles en www.ataquilla.com, na praza de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 e na billeteria do Teatro Colón o día do concerto desde 2 horas antes, sempre e cando queden entradas dispoñibles.
Outras datas de Folk no Colón:
28 de decembro de 2023 Susana Seivane "Sete" ás 20:30h. 8€ | 10€ 12€ | 15€
7 de xaneiro de 2024 Leilía "Anque me vou non me vou" ás 20:30h. 6€ | 8€ | 10€ | 13€
26 de xaneiro de 2024 Luar na Lubre "Luar na Lubre XX. Encrucillada" ás 20:30h. 15€ | 18€ | 23€
24 de febreiro de 2024 Budiño "Branca Vela" ás 20:30h
14 de abril de 2024 Xavier Díaz & Albufeiras de Salitre "Axúdame a sentir" ás 19:30h. 15€ | 17€ | 19€
30 de maio de 2024 Os do Fondo da Barra "BâNZô" ás 20:30 h
Abrir mapa en Google Maps.
Leilía é un grupo de pandeireteiras galegas nado no verán de 1989 co propósito de recuperar do esquecemento a tradición oral galega. No ano 1994 publicaron o disco "Lelilía" composto por pezas tradicionais. Mudaron o panorama da música de raíz ao ser o primeiro grupo de pandeireteiras que tocaban sen acompañamento de outros instrumentos.