Foliada presentación da Escola tradicional de Nigrán

mércores, 2 de setembro ás 19:00
Nigrán, Pontevedra
Muíño Porto do Molle
Imaxe principal para Foliada presentación da Escola tradicional de Nigrán

19:00 Comezo.
O 2 DE SETEMBRO ABRIMOS AS PORTAS DA ESCOLA TRADICIONAL DE NIGRÁN!

E queremos facelo como mellor sabemos: con música, encontro e comunidade a través de unha FOLIADA 🥰

De 19:00 a 22:00h, vémonos no Muíño de Porto do Molle para presentar a Escola, coñecernos, tocar, bailar e pasar unha tarde xuntas arredor da música tradicional.

A idea é sinxela: podes vir aínda que non saibas tocar nada, podes traer o teu instrumento se xa tocas e podes sumarte á foliada se che apetece. Queremos que sexa unha xornada aberta a toda a veciñanza, teñas a idade que teñas e veñas con experiencia ou simplemente con curiosidade.

E si: imos ter barra!

Ademais, ese mesmo día poderás informarte e matricularte na Escola Tradicional de Nigrán para este novo curso.

📅 2 de setembro de 2026
🕖 19:00 – 22:00 h
📍 Muíño de Porto do Molle, Nigrán

Trae o instrumento, trae ganas de foliada ou simplemente ven coñecernos.

Organiza A Casa das Redes coa colaboración do Concello de Nigrán

💙 O 2 de setembro comezamos. E queremos que o Muíño soe.
Compartir:
Máis información: facebook.com/photo

Outras foliadas