19:00 Obradoiro de baile solto con Rosa do Pombal.
21:00 Foliada libre.
Este 25 de abril enchemos a Praza da Peixería de música,baile e solidariedade coa primeira edición da Foliada de Abril, organizada pola Asociación Pésdebarro.
A xornada arrancará ás 19:00 horas cun Obradoiro de Baile Galego Solto impartido por Rosa do Pombal, pensado para todos os públicos, tanto para quen queira iniciarse como para quen desexe perfeccionar os seus pasos.
Xa ás 21:00 horas dará comezo a Foliada Libre Solidaria, onde músicos, bailadores e asistentes compartirán música tradicional en directo nun ambiente aberto e participativo.
Ademais do seu carácter festivo e cultural, o evento incorpora unha importante vertente solidaria, animando á doazón de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Unha oportunidade única para gozar da nosa cultura ao tempo que se axuda a quen máis o precisa.