A Casa da Memoria abre as súas portas para un día enteiro de cultura viva, onde a tradición se escoita, se comparte… e tamén se habita.
Un percorrido artístico ao longo da xornada con tres propostas musicais únicas:
🎶 Germán Díaz — concerto de zanfona para abrir o día e mergullarnos nas sonoridades da tradición.
🌿 Antonio Martín — un concerto especial, en movemento, que irá percorrendo distintos espazos da casa e do lugar, creando unha experiencia viva e inmersiva.
🎸 Kornoj — concerto para pechar a noite con forza, mesturando guitarras, voz e percusión.
Entre medias, o encontro continúa tamén arredor da palabra e da mesa:
🍲 Xantar popular cos artistas — un momento para compartir, conversar e crear comunidade.
🧵 Manuel Rodríguez Calviño — conferencia “Tecedeiras: arte e talento na sombra”, unha ollada necesaria a saberes e historias invisibilizadas.
E como non podía ser doutro xeito…
🔥 cea cos artistas e foliada aberta para rematar o día celebrando xuntas e xuntos.
Un festival para escoitar, para sentir e para seguir tecendo memoria.
🎟️ Entrada gratuíta | Taquilla inversa
Vémonos en Xullán 💛