Buscar

Festival de Ortigueira

Nova edición: mércores, 9 de xullo Estás vendo unha edición anterior, clic aquí para ir á máis recente.
Data xoves, 11 de xullo - domingo, 14 de xullo, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para Festival de Ortigueira

Programación completa nas imaxes de abaixo, no web do festival ou aquí en PDF.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: festivaldeortigueira.com

Asociacións e artistas participantes

Ailá

Ailá emerxe das foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega.

Próximas datas

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

Axeigo

Lugo

Grupo de música tradicional galega.
Próximas datas

Banda de Gaitas do Ortegal

Ortegal

Asociación cultural fundada no ano 2018. Dirixida por Juan Barcón. Gaita, percusión, acordeón e canto tradicional.
Próximas datas

Banda de Gaitas Ladrido

Banda de Gaitas de música galega tradicional.

Próximas datas

Donaire

A Coruña

A asociación cultural Donaire nace no ano 2000. Está dedicada á música e baile tradicional.
Próximas datas

Escola de Gaitas de Ortigueira

Ortigueira, A Coruña

A Escola de Gaitas de Ortigueira é unha agrupación folclórica fundada no ano 1975. Foi a primeira banda de gaitas creada en Galiza e a impulsora do nacemento do Festival de Ortigueira.
Próximas datas

Fillas de Cassandra

Vigo, Pontevedra

Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Próximas datas

Os Carunchos

Vigo, Pontevedra

Os Carunchos é un grupo de musica tradicional galega creado no ano 1994 na cidade de Vigo.
Próximas datas

PÄRBO

Dúo formado por Begoña Riobó (violín, arpa céltica e voz) e Anxo Pintos (zanfona e violín). Din que fan "músicas contempo-devanceiras".
Próximas datas

Requinta de Lampai

Lampai, Teo, A Coruña

A Requinta de Lampai está formada por seis músicos.
Próximas datas

Rosalía de Castro

Cornellà de Llobregat, Alén do Padornelo

Asociación cultural.
Próximas datas

Troula do Ortegal

San Adrián, Ortigueira, A Coruña

Asociación cultural.
Próximas datas

Festival de Ortigueira

Tamén coñecido como Festival Internacional do Mundo Celta. É un festival de balde de música tradicional folk dás nacións celtas.

Celébrase anualmente cada verán na segunda fin de semana de xullo desde o ano 1978 (agás entre 1988 e 1994).

Foi creado pola Escola de gaitas de Ortigueira.

Outras foliadas