Buscar

Festas da Peregrina: Tanxugueiras, Mondra, Fillas de Cassandra e Caamaño & Ameixeiras

Data mércores, 14 de agosto - domingo, 18 de agosto, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para Festas da Peregrina: Tanxugueiras, Mondra, Fillas de Cassandra e Caamaño & Ameixeiras

Programación completa das festas de verán aquí.

mércores, día 14

21:00 Caamaño & Ameixeiras. Praza da Ferraría.


venres, día 16

21:00 Mondra. Praza da Ferraría.


sábado, día 17

22:30 Fillas de Cassandra. Praza de España.


domingo, día 18

22:30 Tanxugueiras. Praza de España.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: 360.pontevedra.gal

Artistas participantes

Caamaño & Ameixeiras

O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.

Próximas datas

Fillas de Cassandra

Vigo, Pontevedra

Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Próximas datas

Mondra

Recesende, Teo, A Coruña

Mondra é Martín Mondragón, un cantareiro e bailador galego. Naceu no ano 2000.
Próximas datas

Tanxugueiras

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica.

Próximas datas

Outras foliadas