Fest deiz

domingo, 8 de febreiro ás 17:00
A Nave de Vidán, aveda. da Mestra Victoria Míguez
Imaxe principal para Fest deiz

16:00 Café coloquio: As cruces de pedra de Castelao.
17:00 Foliada Bretaña-Galiza con As Pías e Da VAB Trío.
19:30 Foliada libre.

Entrada: 5 €. Menores de 10 anos e socios/as: 3 €.

A asociación Breizh Galiza organiza un fest-deiz, serán bretón o domingo 8 de febreiro a partir das 17:00 até ás 20:30 na Nave de Vidán. Trátase dun encontro convivial con 2 grupos de música en directo Da VAB (Xacobe Varela, Xavier Agra e Maria Blanco) e o grupo ferrolán As Pias. As persoas que participan poderán bailar danzas tradicionais de Bretaña e da Galiza ao redor do tema da chandeleur, data que se celebra coa elaboración e a degustación de crêpes. A partir das 19:00 foliada libre. Tamén haberá un sorteo. 

A asociación Breizh Galiza quere ser un punto de encontro para tecer lazos entre os dous pobos e fomentar intercambios, no desenvolvemento, na difusión da cultura bretoa na Galiza. Somos unha asociación sen ánimo de lucro nacida en 2024 en Santiago de Compostela cuxa programación inclúe exposicións, palestras, cursos, publicacións, concertos, bailes, etc.
Organizado pola asociación Breizh Galiza.
Compartir:
Máis información: @breizhgaliza

Artistas participantes

As Pías

Ferrol, A Coruña

Grupo de corda e vento de música tradicional galega.
Próximas datas

Fest Deiz

Organizado pola asociación Breizh Galiza.

Outras foliadas