16:30 Comezo.
Faladoiro arredor da transmisión de estereotipos sexistas na nosa música e baile tradicionais.
Con Carme Campo e Chus Caramés.
Inscrición de balde (prazas limitadas) en acapinguela@gmail.com.
“Reexaminaremos un elemento patrimonial tan vivo como é o baile tradicional, tratando de identificar que estereotipos sexistas se perciben nel, así como debater sobre se a tradición é un concepto estático ou ten demostrado, como en máis exemplos do noso patrimonio cultural, que é dinámico e "anda cos tempos". Ademais, a través de materiais audiovisuais de recollas de campo, analizaremos o que a anterior xeración nos ten transmitido para a continuación, reflexionar sobre que legado queremos deixar á que nos segue.”
Organizado pola A.C. Pinguela de Bama.