Exposición "Cantareiras e cantares" e obradoiro "Cantigas e tradicións de Nadal"

martes, 23 de decembro ás 11:00
Viveiro, Lugo
Conservatorio de música
Imaxe principal para Exposición "Cantareiras e cantares" e obradoiro "Cantigas e tradicións de Nadal"

11:00 Exposición Cantareiras e cantares.
Un percorrido pola memoria das cantareiras e dos cantares populares, poñendo en valor as voces e os saberes transmitidos de xeración en xeración.
18:00 Obradoiro Cantigas e tradicións de Nadal con Branca Villares.
Un encontro arredor das cantigas e costumes do Nadal, dinamizado por Branca Villares.

Actividades gratuítas. Obradoiro con inscrición previa a través do formulario. Acceso anticipado ao formulario para socixs: luns 15 de decembro dende as 10:00. Público xeral: martes 16 de decembro ás 10:00.
Compartir:
Máis información: @colectivo_sementeira

Artistas participantes

Branca Villares

Lugo

Naceu en Lugo no ano 1980. Forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
Próximas datas

Outras foliadas