Estrea do documental 'Lévame a idea'

sábado, 15 de marzo ás 19:30
Auditorio Carmen Estévez
Imaxe principal para Estrea do documental 'Lévame a idea'

20:30 Comezo.

Entradas de balde dispoñibles en entradasvilalba.es.

Lévame a idea é un recoñecemento profundo e necesario ás mulleres, auténticas protagonistas na creación, recuperación e divulgación da música de tradición oral e a poesía popular galega.

Esta peza documental reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva. A transmisión oral das letras e músicas que nos vertebran como pobo está presente nas achegas que saen de distintos eidos vencellados ao mundo do tradicional.

Lévame a idea é un documental producido por Navíos e Folerpas e dirixido por Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso.
Compartir:
Máis información: @levameaidea
Abrir mapa en Google Maps.

Outras foliadas