20:30 Comezo.
Fran Sieira presenta Coreografías dun DeMente.
DeMente aborda temas profundos e moi reais: as patoloxías mentais que, segundo a OMS, afectan a unha de cada catro persoas ao longo da súa vida. A través da danza reflexionaremos sobre a reclusión de persoas "dementes" no pasado, as contencións, os suicidios e a externalización da enfermidade mental ata os nosos días.