🍃 A música de Davide Salvado (@davide_salvado) vai zoar con forza no #PaseDePrimavera
🎶 Tras varios anos de traballo silencioso, o músico marinense presenta o seu novo álbum ‘Permita Deus’ nun espectáculo íntimo en formato dúo. Un traballo que nace do rural, da vida tranquila que resiste, da ecoloxía como xeito de estar no mundo.
🎤 Salvado é un dos referentes da música tradicional galega. Ao longo dos anos actuou xunto con Budiño, Cristina Pato, Ugia Pedreira ou Anxo Pintos, entre moitos outros. Conta con tres discos en solitario e en 2014 recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional. No mundo do teatro participou na obra ‘As Dunas’, do Centro Dramático Galego, e no musical ‘Dillei’ de Carlos Blanco.
🎻 Estará acompañado por Cibrán Seixo, ambos grandes coñecedores non só da música tradicional galega, senón da música atlántica: fado, bolero, jazz… Ao remate do concerto haberá xantar popular.
📆 Domingo, 31 de maio
🕐 13:00 h
📍 A Casa da Memoria (Xullán, Bóveda)
🎟️ De balde
👉 Colaboran: Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia (@xuntagalicia) a través da Axencia Galega das @industriasculturais (AGADIC) mediante o programa "Territorio Cultura".