20:00 Comezo.
Xisco Feijoó é un cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu.
No Campo de Fóra, a Escola de Música d’aCentral Folque nos Centros Socioculturais de Santiago, é un programa de cinco concertos e dous paseos musicais sobre o patrimonio musical da cidade para todos os públicos e de balde organizado por aCentral Folque a través da súa Escola de Música co apoio da Concellería de Capital Cultural do Concello de Santiago.