19:30 Recollida de entradas na propia Igrexa da Universidade. Máximo 2 por persoa. As entradas son de balde.
20:45 Apertura de portas.
21:00 Final do l Certame de grupos musicais da USC, no que as compoñentes de Caamaño & Ameixeiras son parte do xurado.
Ao remate Concerto de Caamaño & Ameixeiras.
O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.