20:30 Comezo.
Entrada de balde con reserva en
billeteira.carballo.gal.
Coa participación de Do Bertau, grupo creado expresamente para o Concerto das Letras Galegas 2025. Formado por 11 artistas procedentes da música tradicional, da popular e da moderna. A festa lévanos a Carballo, en recoñecemento á riqueza deste patrimonio inmaterial no municipio e comarca bergantiñáns.
A agrupación renderá a súa singular homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral a través dun repertorio musical que comeza e remata na Costa da Morte. Con Mens e as súas pandeireteiras como lugar de partida, o percorrido lévanos por toda a xeografía galega: das terras do sur de Ourense cos canteiros de Faramontaos ao canto de Nadal de Adolfina e Rosa na comarca de Cerceda; das Mulleres de Gharghamala, en Mondariz, aos cantos de Cervantes, na montaña luguesa, con parada no Soutomaior de Maruxa das Cortellas, antes de regresar a Camariñas.
O concerto emitirase en directo no web
consellodacultura.gal ou ao día seguinte na CRTVG.
Máis información en
consellodacultura.gal.
Organizado polo Consello da Cultura Galega.