20:00 Comezo.
Entradas dispoñibles en teatroguimera.es desde 12 €.
Ceibe é unha peza coreográfica de 60 minutos de duración cun elenco de 8 bailadoras e bailadores, dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez, espazo escénico de Laura R. Iturralde, iluminación de Fidel Vázquez, música de MounQup (Camille Hedouin) e Carlos Quintá, vestiario de Érica Oubiña e espazo sonoro de Isaac Millán.
Afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición,nas súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotiandade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender o que o xénero é para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.
Ceibe reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara as marxes, para dende aí plantexar e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas, para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.