Partindo do arquivo fotográfico de Ruth Matilda Anderson, Efémeras propón un diálogo entre memoria e creación contemporánea a través dunha proposta que integra música, imaxe e palabra. No directo, o grupo constrúe unha experiencia escénica na que o patrimonio visual e as composicións propias se entrelazan para traer ao presente as historias e vidas que atravesan a Galiza de comezos do século XX.