Cantareiras e oralidade: xornadas da Tradescola ao redor das homenaxeadas nas Letras Galegas

sábado, 29 de marzo, a esta xa non chegamos!
Centrad, rúa Chantada s/n
Imaxe principal para Cantareiras e oralidade: xornadas da Tradescola ao redor das homenaxeadas nas Letras Galegas

16:00 Obradoiro de canto e pandeireta: Agranzón, Mens e A Vila da Igrexa.
Percorrido polo repertorio de canto e pandeireta de Eva Castiñeira, Rosa e Adolfina Casás e as Pandereteiras de Mens, figuras todas elas homenaxeadas no día das Letras Galegas 2025. Con Roberto Rodríguez.

18:00 Obradoiro de oralidade.
Destinado a aprender dos saberes das mulleres homenaxeadas no día das Letras Galegas 2025, traballando os seus cantares e afondando na súa narrativa. Con Branca Villares.

Organizado por Gaiteiros Galegos.

Compartir:
Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións e artistas participantes

Branca Villares

Lugo

Naceu en Lugo no ano 1980. Forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
Próximas datas

Gaiteiros Galegos

Pontevedra

Asociación do baile e a música de tradición galega.
Próximas datas

Outras foliadas