Benquerer: Fran Sieira e Caamaño & Ameixeiras

6 de febreiro de 2026 - 7 de febreiro de 2026
Teatro Principal
Imaxe principal para Benquerer: Fran Sieira e Caamaño & Ameixeiras

venres, día 6
20:30 Comezo.

sábado, día 7
20:30 Comezo.

Entradas dispoñibles en compostelacultura.gal.

Benquerer, querer, querer ben e quererse ben son algúns dos termos nos que afonda o novo espectáculo de Fran Sieira, desta vez, acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño&Ameixeiras.

Desde un punto de vista case autobiográfico, a peza cuestiona que é quererse ben a un mesmo. É posible benquerer outras persoas sen quererse ben? Algunha vez antepoñemos o benquerer ao querernos ben? Ata que punto a benquerenza pode ser real se non vai acompañada de amor e respecto propio? Todos estes cuestionamentos fanse tamén dende as marxes, sempre con perspectiva de xénero.

O auto-coidado emocional é o eixe central sobre o que xira este novo proceso creativo tan persoal e íntimo para o creador, onde a través do seu propio relato detallará a importancia do coidado, de quererse ben, de aceptarse e respectarse a un mesmo.
Compartir:
Máis información: compostelacultura.gal

Artistas participantes

Caamaño & Ameixeiras

O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.

Próximas datas

Fran Sieira compañía de danza

Fran Sieira compañía de danza nace no ano 2017 pola inquedanza do bailador de danza tradicional galega de dar un paso máis na súa carreira artística. Fran Sieira impartiu clases de baile e música tradicional durante máis de 15 anos antes de crear a compañía de danza.
Próximas datas

Outras foliadas