Buscar

Bailador de Óscar Cobos en Ourense

Data sábado, 16 de novembro ás 20:30
Enderezo Auditorio municipal
Imaxe principal para Bailador de Óscar Cobos en Ourense

20:30 Comezo.

Entradas desde 16 € en ataquilla.com.


Bailador é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto. Trátase dunha obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada, onde a danza de raíz galega se mestura con outras linguaxes do movemento para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de facer e de entender o son da nosa terra.

Bailador reivindica o papel fundamental da muller galega como preservadora e transmisora da nosa sabedoría popular; se o noso baile chegou até os nosos días foi grazas a elas, mulleres eclipsadas da nosa historia que en moitos casos non se atrevían a “levar o baile” por mor de verse rexeitadas nos seus círculos máis próximos.

Bailador é unha mostra de respecto, cariño e admiración a todas esas mulleres que, de xeración en xeración, foron quen de perpetuar no tempo as formas danzadas que configuran o noso baile facendo gala, en moitos casos, de habilidades únicas.

Bailador é un espectáculo de mulleres feito por mulleres. É a nosa danza dende o prisma do feminino. Un conto sen historia onde a música e a danza se explican a si mesmas, onde están representadas entre outras, a señora Balbina, de Carcacía, a señora Rosa, de Acevedo, a señora Matilde, de Limiñoa, ou a señora Concepción, de Santa Comba.

Bailador é un divertimento apto para todos os públicos, unha contradición en si propia que dá conta de que “nós somos porque elas están, e non ao revés”.

Produción: Óscar Cobos Compañía de Danza

Dirección: Óscar Cobos

Director artístico: Jaime Pablo Díaz

Axudante de dirección: Iván Villar

Coreografía: Óscar Cobos, Jaime Pablo Díaz e Iván Villar

Bailadoras: Ruth Pérez, Nerea Fouz, Rebeca Tallón, Nuria Gesteira, Marta Mosquera, Uxía Portela, Cristina Canosa, Eva Diago e Lorena Toimil

Escenografía e vestiario: Carolina Díguele

Música: Berrogüetto e Sergio Cobos

Deseño e iluminación: Daniel Pais

Son: Francisco Alvarellos

Fotografía: MateStudio

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @oscarcobosciadedanza

Artistas participantes

Óscar Cobos compañía de danza

Óscar Cobos compañía de danza recolle a tradición danzada e a música galega para traelas ao século XXI, mesturando a linguaxe de raíz coa danza contemporánea e músicas do panorama galego actual.

Próximas datas

Outras foliadas