Buscar

As Revenidas

Data venres, 13 de setembro - domingo, 15 de setembro, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para As Revenidas

venres, 13 de setembro

19:30 Fillas de Cassandra. Escenario Xacobeo.


sábado, 14 de setembro

13:00 Mondra. A bordo do navío histórico Chasula.

17:30 Tanxugueiras. Escenario Xacobeo.


domingo, 15 de setembro

17:00 Fillas de Cassandra. A bordo do navío histórico Chasula.

19:45 Caamaño & Ameixeiras. De balde. Parque Dona Concha.

21:00 De Ninghures. De balde. Parque Dona Concha.


Entradas dispoñibles en enterticket.es. Programación completa nas imaxes de abaixo.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: revenidas.com

Artistas participantes

Caamaño & Ameixeiras

O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.

Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Fillas de Cassandra

Vigo, Pontevedra

Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Próximas datas

Mondra

Recesende, Teo, A Coruña

Mondra é Martín Mondragón, un cantareiro e bailador galego. Naceu no ano 2000.
Próximas datas

Tanxugueiras

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica.

Próximas datas

Outras foliadas