Buscar

Alcuentru trad-urbán (con foliada)

Data sábado, 23 de marzo, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para Alcuentru trad-urbán (con foliada)

10:30 Convocatoria e apertura.

Local d'A Volta do Agro : rúa dos Paxariños, 32, baixo.
Centro Maruja Mallo: rúa Primavera, 37.

Prezo dos obradoiros a partir de 15 €, con descontos se se participa en máis de un. Máis información na súa web.

11:00 1º obradoiro. Local d'A Volta do Agro: baile asturianu avanzáu e pandeireta galega iniciación. Centro Maruja Mallo: baile galego avanzado e pandereta asturiana aníciu.

12:30 2º obradoiro. Local d'A Volta do Agro: baile asturianu aníciu e pandeireta galega avanzado. Centro Maruja Mallo: baile galego iniciación e pandereta asturiana avanzáu.

18:00 Faladorio, mesa redonda. Comparativa da situación da música e baile tradicional nos dous marcos xeográficos. Con Carme López Fernández, Ramón do Serrador e Aida Mariño Ardura e outros/as por confirmar.  Moderadora: Carla Riquelme. No local de A Volta do Agro.

Concertos no Club Clavicémbalo (rúa dos Paxariños, 23). Prezo dos concertos: 12 €.

21:30 Concerto de Pandereteres de Trebeyu (Asturies).

22:30 Concerto de PAN.SEN.FRON (Galiza).

00:00 Foliada no Club Clavicémbalo.


Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: volaivai.com

Asociacións e artistas participantes

A Volta do Agro

Lugo

Obradoiro de cultura tradicional co obxectivo de recuperar e difundir a música tradicional galega. Nado en Lugo no ano 1995.
Próximas datas

PAN.SEN.FRON

Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional de Galicia, feita con voz e percusión. Os seus principais obxectivos son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmandala con outras culturas e sonoridades tradicionais.
Próximas datas

Outras foliadas