Entradas dispoñibles a partir do 6 de febreiro en salacapitol.com desde 15 €.
Un saber preséntase como unha evolución intimista que responde á necesidade de reinvidicar “o saber” das mulleres como un dos piares fundamentais da nosa cultura, da nosa música tradicional, da nosa identidade.
Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.