Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Pandeireteiras. Nace no ano 2013. Ao comezo eran só dúas, pero a familia foi medrando ata chegar ás nove pandeireteiras actuais. Nesta década colaboraron con artistas recoñecidos como Xabier Díaz, Mondra, El Nido, Xurxo Fernandes, Camaño&Ameixeiras ou Ailá.