Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Fran Sieira compañía de danza nace no ano 2017 pola inquedanza do bailador de danza tradicional galega de dar un paso máis na súa carreira artística. Fran Sieira impartiu clases de baile e música tradicional durante máis de 15 anos antes de crear a compañía de danza.