Un salón propio é un ciclo de concertos que nace con motivo do 8M, coa vontade de poñer ás mulleres no centro da música, da palabra e do espazo.
Nun ambiente íntimo e próximo, o ciclo propón catro encontros únicos para descubrir, escoitar, compartir e habitar xuntas un espazo propio, no que as artistas presentan os seus proxectos nunha conversa aberta, cálida e cómplice co público.
Programación:
8 de marzo — Su Garrido Pombo
15 de marzo — Abril
22 de marzo — Catuxa Salom
29 de marzo — Faia Díaz