Buscar

586 cantos

Data sábado, 16 de novembro, a esta xa non chegamos!
Enderezo Teatro Colón
Imaxe principal para 586 cantos

20:00 Comezo.

Entradas de balde dispoñibles en ataquilla.com.

586 cantos é un espectáculo audiovisual con música en directo producido polo Museo do Pobo Galego.

Trátase dunha idea orixinal da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE Museo do Pobo Galego para pór en valor o papel da poesía popular oral e das cantareiras, que protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025, e para valorizar os arquivos que albergan o patrimonio inmaterial galego.

A peza toma como punto de partida o Cancioneiro Popular Galego, froito do traballo de investigación de Dorothé Schubarth coa colaboración de Antón Santamarina.

As fotografías, as gravacións sonoras orixinais, as partituras e outros materiais recompilados por Schubarth nas súas investigacións, custodiadas no Museo do Pobo Galego, son o punto de partida dunha posta en escena que combina a montaxe audiovisual realizada por Laura Piñeiro e Fran Rodríguez Casal, cineastas da Asociación Memoria e Cinema, coa música en directo de Richi Casás, Fran Barcia, Tania Caamaño e Antía Ameixeiras.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: coruna.gal

Outras foliadas