Search

A axenda cultural do mundo tradi

para cando teñamos gana de bailar.

Próximas foliadas

xoves, 2 de maio
venres, 3 de maio
sábado, 4 de maio
domingo, 5 de maio
luns, 6 de maio
martes, 7 de maio
xoves, 9 de maio
venres, 10 de maio
sábado, 11 de maio
domingo, 12 de maio
martes, 14 de maio
mércores, 15 de maio
xoves, 16 de maio
venres, 17 de maio
sábado, 18 de maio
domingo, 19 de maio
martes, 21 de maio
mércores, 22 de maio
venres, 24 de maio
sábado, 25 de maio
domingo, 26 de maio
mércores, 29 de maio
xoves, 30 de maio
venres, 31 de maio
sábado, 1 de xuño
domingo, 2 de xuño
Non atopas a foliada ou evento que estabas buscando?

É posible que se nos escape algunha. Se sabes dunha podes enviarnos información aquí, só che levará un par de minutos e axudarás a manter a web actualizada. Graciñas! 💖

Sobre a web

Que é haifoliada.gal?

A axenda cultural da música e baile tradicional. Unha guía para saber onde hai foliada e poder ir bailar cando teñamos ganas.

Tamén hai información de concertos e outros eventos relevantes do mundo do baile e música tradicional. No futuro tamén haberá información de obradoiros, asociacións e as súas actividades e cursos onde poder aprender a bailar e tocar.

Como podo colaborar?

A mellor forma de colaborar é enviando información sobre unha foliada ou evento a través desta páxina ou por correo electrónico a ola@haifoliada.gal.

Tamén podes escribir a ola@haifoliada.gal para calquera consulta, dúbida ou suxestión, estarei encantado de recibir o teu correo e ver como podemos colaborar.

Quen está detrás da web?

Chámome Víctor, son aprendiz de foliadeiro e programador web. Comecei a ir a clases de baile tradicional a finais de 2021 e nunca souben ben onde poder ir bailar, ás veces porque a información me chegaba tarde e outras porque me daba reparo por ser un principiante.

Non hai ningún logotipo de institucións, empresas ou asociacións porque polo momento son só eu, todo o que ves fíxeno eu.

De onde sae o contido da web?

Polo momento é todo manual, principalmente collo información de redes sociais e outras webs. Con iso vou actualizando a web aos poucos.

Tamén espero que, pouco a pouco, a páxina para proporcionar información sobre unha foliada sexa unha fonte de información de primeira man por parte dos/das organizadores/as das propias foliadas... e calquera que queira colaborar en manter a web actualizada.

Por que unha web? Xa se podía estar máis ou menos informada a través das redes sociais.

Principalmente porque me apetecía, é un proxecto persoal e gústame a programación web e a comunicación en Internet. Tamén penso que pode resultar máis útil ter a información organizada nunha páxina sinxela de consulta rápida.

Ademais, dependendo da acollida que teña a web e do tempo do que dispoña gustaríame ampliar a información con listados de asociacións e as actividades que desenvolven, onde se pode ir aprender a bailar e tocar, obradoiros e outra información relevante relacionada co mundo tradi.

Contacto

Podes poñerte en contacto comigo enviando un correo a ola@haifoliada.gal.