A asociación cultural "Cántigas e Frores" foi creada en Lugo no ano 1948 como unión das agrupacións "Frores e Silveiras" e "Cantigas e Aturuxos". Ambas agrupacións proviñan da excisión do "Orfeón Galego" que dirixía o mestre Xoán Montes.
A asociación cultural folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.
Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional de Galicia, feita con voz e percusión. Os seus principais obxectivos son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmandala con outras culturas e sonoridades tradicionais.