Romaría Ponte Farruca

venres, 15 de agosto - domingo, 17 de agosto
Imaxe principal para Romaría Ponte Farruca

Programación completa na imaxe de abaixo.

sábado, día 16
12:00 Obradoiro de cantos de taberna. Con Artur Puga.
17:00 Obradoiro de baile. Con Mondra.
21:20
Unto Vello.
22:30 Tanxugueiras (acústico).
23:40 Alana.
Compartir:
Máis información: pontefarruca.my.canva.site

Artistas participantes

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

Artur Puga

Ourense

Director de Seisporoito (escola de baile tradicional), docente e intérprete. Formado nas ciencias do movemento e o baile e a música tradicional galega.
Próximas datas

Mondra

Recesende, Teo, A Coruña

Mondra é Martín Mondragón, un cantareiro e bailador galego. Naceu no ano 2000.
Próximas datas

Tanxugueiras

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica.

Próximas datas

Unto Vello

Formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez. Unto Vello é un grupo de música tradicional con dúas voces, acordeón e diversos instrumentos de percusión.
Próximas datas

Romaría Ponte Farruca

A Romaría Ponte Farruca en Laza (Ourense) é unha iniciativa que busca a construción de sociedades e novas propostas. Está organizado por veciños e veciñas de Laza, todas elas apaixonadas polo desenvolvemento do rural e a igualdade de xénero. 

A súa misión é promover a diversidade, apoiar á muller e destacar o valor e a riqueza do rural galego. Vense celebrando desde o ano 2022.

Outras foliadas